Veciños de Camos crean unha conta solidaria para axudar ao veciño que perdeu a súa casa nun incendio

Un colectivo de veciños de Camos crea unha conta solidaria para axudar á parella que perdeu o pasado martes a súa vivenda por causa dun incendio. As persoas interesadas en colaborar poderán realizar os ingresos en cóntaa número 2080 5052 16 3000201369 de Novagalicia Banco.