En declaracións realizadas días atrás, o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, adiantaba que antes de tomar unha decisión definitiva sobre o futuro do concelleiro de Vías e Obras, D. José Álvarez Valverde, era preciso ter máis información e reunirse con él, co fin de poder tomar a mellor e máis responsable decisión.
Tras a celebración de ditas reunións durante os últimos tres días, e analizada tanto a situación pola que atravesa o concelleiro, así como o seu estado anímico, o rexedor municipal fai pública mediante a súa decisión de prescindir do concelleiro como membro do equipo de goberno. Neste sentido, o rexedor municipal aclara “que é unha decisión tomada única e exclusivamente en Nigrán”.
O alcalde de Nigrán reitera o seu respeto ao proceso xudicial en curso, e solicita á Xustiza celeridade nas súas actuacións para poder esclarecer canto antes as investigacións iniciadas, para que tanto o bó nome deste concello como o de todas as persoas que traballan nel, véase preservado.
O rexedor municipal adianta que será él mesmo quen asuma as competencias da concellaría de Vías e Obras, e garantiza aos veciños de Nigrán que o goberno local seguirá traballando para o municipio.