Vive Nigrán en 1 día
Se dispoñemos dunha xornada completa propoñémoslles “Vive a Praia dos Afogados”. Escollendo como tema central da visita a novela do mesmo nome de Villar. Novela policiaca cuxa acción transcorre maioritariamente na mariñeira parroquia de Panxón.
Podemos empezar por facer unha parte da senda azul que percorre o litoral. En concreto o tramo que vai desde o Porto de Panxón e rodea Monteferro. Nesta ruta visitaremos: Petróglifo Penisas pequenas, Baterías militares, Faro de Lameda, Monumento á mariña Universal e Miradoiro de Monteferro.
Para a hora para comer temos tres opcións:
- Se trouxemos comida, dispoñemos dunha zona de recreo xunto ao miradoiro con mesas e asadores.
- Podemos baixar cara a Patos e comer alí. Temos unha variada oferta de comida galega e internacional.
- Ou baixar de volta ao Porto de e comer nalgún dos seus numerosos restaurantes, destacando a comida tradicional galega e sobre todo os peixes e mariscos, sen esquecer os caldos con denominación de orixe Rias Baixas.

Despois de comer, se estamos en Patos podemos dar un pequeno paseo para ver a Praia e logo volver cara ao Porto de Panxón. Pasaremos pola Praia da Madorra, zona que se considera o Panxón romano polos numerosos vestixios que apareceron ao longo dos tempos (ver “Marabillas do Patrimonio de Nigrán). Xa no barrio de San Xoán ao que pertence o Porto, podemos subir ata o arco visigótico e facer unha visita ao espectacular Templo Votivo do mar (Importante: comprobar horarios de culto, adoita abrir antes.
Por último podemos dar un tranquilo polo paseo marítimo e gozar da posta de sol nalgún dos locais que gozan desta privilexiada vista. Se comemos no Porto ou o Paseo marítimo, deixaremos o paseo e a posta de sol para os locais de Patos, despois de facer primeiro a visita a San Xoán (Arco, Templo, Porto, Paseo).