ZEC-Rede Natura 2000
A Rede Natura 200 é un conxunto de espazos naturais protexidos que foi creada baixo o amparo da directiva 92/43/CEE do Consello de Europa. Os principios polos que se rexe son os da conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestre. O seu obxectivo último é o de salvagardar os espazos naturais máis importantes de Europa. Esta rede componse de Zonas Especiais de Conservación ( ZEC) e de Zonas Especiais de Protección para as Aves ( ZEPA).
O Espazo Natural da Ramallosa abarca desde os cantís de Monteferro ata a Foz do Miñor incluíndo as Illas Estelas e forma parte desta rede europea.
Ramallosa-Foz Río Miñor
Para a súa declaración como espazo da Rede Natura 2000 tivo especial importancia a conservación dos cada vez máis escasos herbais, onde predomina o esparto marítimo ( Spartina marítima), propias da zona intermareal da marismas, e as junqueiras salinas marismeñas do noroeste peninsular e litoral cantábrico. Son de moi alto interese tamén as comunidades de zebas ( Zostera marítima).
Constitúe un sistema húmido conformado a partir do resgardo da barra arenosa da Praia de Ladeira que permite a existencia da extensa marisma. A flora é en grao sumo diversa. Pódense distingur os distintos tipos de vexetación da marisma, a propia de sitema dunar e as Praias, a dos carrizales, xinzais e bosque de ribeira. Estes últimos atópanse na actualidade fose do límite do espazo protexido a pesar do seu alto valor ecolóxico.
A vexetación máis aparente son os illotes do mencionado esparto mariño ( Spartina marítima), que poden chegar a estar cubertos coa marea alta, e os juncos mariños ( Juncus maritimus) nas partes máis elevadas dos illotes de vexetación.
As aves son o grupo de animais máis evidentes. As aves que podemos observar cambian ao longo do ano polo que hai que distinguir entre especies invernantes, en paso, estivais ou residentes. A maior diversidade atopámola nos períodos de paso migratorio, cando centos de aves pairan na marisma para descansar no seu periplo entre as áreas de cría no norte de Europa e o continente africano, onde pasan o resto do ano.
Tamén cambian as especies de aves que podemos ver ao longo do día. Así, durante a marea baixa podemos distinguir as limícolas correteando, nos bancos de lodo que quedan ao descuberto, capturando pequenos invertebrados. Resulta interesante comprobar como distintas especies poden alimentarse a un tempo, sen competir, ao explorar distintos medios en función dos diferentes tipos de picos en canto a lonxitude e función. A garza gris ( Ardea cinérea), a branca ( Egretta garceta) ou o cullereiro común ( Platalea leucorodia)tamén están activas e buscan nas augas someras algún peixe que poder atrapar. Máis tarde, cando a marea termina de cubrir os bancos de lodo, estas aves aproveitan para descansar nas illas de vexetación, sendo relevadas por outras especies como corvos mariños ou charranes que pescan no interior da marisma que agora aparece cuberta polas augas.
Monteferro-Illas Estelas
A península de Monteferro conta con masas forestais conformadas principalmente por piñeiros e eucaliptos, aos que hai que sumar a vexetación de matogueira, formada por especies como a queiroa enfeixada (Erica umbellata) e o toxo mariño (Ulex europaeus lactebracteatus), e outros de distribución mediterránea como a carpaza moura ( Cistus salvifolius) e a xesta mansa (Osyris alba). A lagartija rabuda (Psammodromus algirus) habita nos claros desta matogueira termófilo. nos acnatilados podemos observar algunhas especies vexetais endémicas, como o brizo (Angelica pachycarpa) e a margarida de cantil (Leucanthemum merinoi), mentres que ene as partes baixas sobreviven plantas especializadas como a herba de namorar ( Armeria maritimum) e o perexil mariño (Chrithmum maritimum) ademais de líquenes como o Caloplaca mariña.
Nas masas forestais aniña o cada vez máis escaso corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo). Nos cantís son frecuentes as cavidades naturais onde crían morcegos cavernícolas, aínda non moi ben coñecidos, mentres que nas grandes áreas pétreas aniña o raro cirrio grande (Apus melba).
As Illas Estelas teñen cuberta a súa superficie por matogueira densa onde predomina o toxo mariño (Ulex europaeus lactebracteatus) e a queiroa (Erica umbellata). Curiosamente, as queiroas están ausentes nas veciñas Illas Cíes.
Nas dúas illas de maior tamaño, en aéreas rochosas con matogueira máis Aberto, están presentes poboacións da lagartija das rocas (Podarcis hispanica), que presentan un tamaño máis grande e aspecto máis robusto que as poboacións continentais como adaptación á vida insular. Aniña nestes illotes, en pequeno número a gaivota patiamarilla (Larus cachinnans) que ten no veciño Parque Nacional das Illas Atlánticas unha das maiores colonias de todo o mundo. Tamén podemos observar a picapeixe (Alcedo atthis) e serve de posadero para un bo número de limícolas.
Tamén hai, introducidas polo home, especies como a rata común (Rattus norvegicus), que afecta á nidificación das aves, e o coello (Oryctolagus cuniculus).
Os fondos mariños do seu contorno contan cun alto valor ecolóxico pois forman parte do hábitat da toniña (Phocoena phocoena), un dos cetáceos en maior risco de extinción.