Praias
Os dourados areais de Praia América, que desde 1990 conta co distintivo da Bandeira Azul, e de Panxón, conforman unha baía e 3,5 quilómetros na que se conxugan a beleza da paisaxe, entre dous montes, e a tranquilidade das súas augas, delimitada ademais por un sistema dunar protexido e con todos os servizos para os usuarios. A poucos metros paseo cheo de restaurantes e taperías na que poderá gozar tanto da riqueza e variedade da gastronomía galega como da paisaxe.
As Praias do outro lado de Monteferro, Patos, Canas e Portiño, ofrecen unha das vistas máis belas das Illas Cies. Estes areais son ideais para a práctica de deportes náuticos, , windsurf, bodysurf, paddlesurf ou piragüismo entre outros, sendo o surf o rei dos deportes en Patos onde hai ata tres escolas de surf situadas que ofrecen todo tipo de cursos e servizos de aluguer.
Ademais as instalacións deportivas municipais de Panxón son unha boa alternativa para practicar deportes como o tenis, baloncesto, fútbol, voleibol ou balonmán. Tamén se instalan porterías e redes nas Praias durante o verán.
Nigrán conta con outros areais de dimensións máis reducidas, como A Madorra, pequena Praia moi protexida con area máis grosa que as anteriores, acceso para persoas con mobilidade reducida, aseos e duchas, unha Praia moi familiar. Ademais temos en Monteferro unha serie de pequenas calas (Portocelo, Seixos Negros e Arribas Brancas), moi tranquilas e ben protexidas na súa saia sur.
Listaxe de todos os areais en orde dende Saians (Vigo) a Monte Lourido (San Pedro)
Praia do Portiño
Tipo: Praia resgardada
Tipo de area: Fina

Praia das Canas (Prado)
Lonxitude (metros): 150.0
Tipo: Praia resgardada
Tipo de area: Fina

Praia de Patos
Bandeira azul
Lonxitude (metros): 600.0
Tipo: Praia resgardada
Tipo de area: Fina

Portocelo
Lonxitude (metros): 70.0
Tipo: Cala en Monteferro
Tipo de area: Fina
Seixos Negros
Tipo: Cala en Monteferro
Tipo de area: Fina

Arribas brancas
Lonxitude (metros): 50.0
Tipo: Cala en Monteferro
Tipo de area: Fina

Praia de Area Fofa
Lonxitude (metros): 120
Tipo: Praia resgardada
Tipo de area: Fina

Praia da Madorra
Lonxitude (metros): 250.0
Tipo: Praia resgardada
Tipo de area: Grosa

Praia de Panxón
Bandeira azul
Lonxitude (metros): 1000.0
Tipo: Praia resgardada
Tipo de area: Fina

Praia América
Bandeira azul
Lonxitude (metros): 1900.0
Tipo: Praia resgardada
Tipo de area: Fina