Concello de Nigran logo Turismo
  • Ven a Nigrán
    • Ven a Nigrán
    • Como chegar
    • Onde comer
      • Banquetes
      • Bocaterías
      • Cocina Internacional e Vexetarianos
      • Restaurantes
      • Taperías e Xamonerías
      • Italiano/Pizzería
    • Onde durmir
  • Visita Nigrán
    • Visita Nigrán
    • Patrimonio
      • Patrimonio Cultural
      • Patrimonio Natural
  • Vive Nigrán
    • Vive Nigrán
    • Plans
    • Festas patronais e tradicionais
    • Rutas
  • Información de interese
    • Teléfonos de interese
      • Educación
      • Centros Culturais e Asociacións Veciñais
      • Edificios/Servizos Municipais
      • Instalacións e Clubes deportivos
      • Saúde
      • Transportes
      • Outros Servizos
    • Igrexas
    • Zonas comerciais
    • Descarga de folletos e planos
  • Axenda
  • Contacto
  •  glGL
    •  esES

Montes comunais

Nigrán > Turismo > Visita Nigrán > Patrimonio Natural > Montes comunais

Os Comunidades de Montes Veciñais en Man Común son unha das poucas formas de propiedades de terras en común que logrou sobrevivir á organización municipal do século XIX e ao fenómeno desamortizador. A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en propiedade comunal, xestionado por 2.800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como sinal de identidade e da cultura do noso país, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

Son unha institución tipicamente galega (tamén no oeste de Asturias, oeste de León e Zamora, e Portugal coa denominación de baldios, antigos territorios do Reino de Galicia). O monte é dos veciños e de ninguén máis.

Os montes veciñais, en comunidade romana ou xermánica ( sueva), perténcelles aos veciños e non a ningún ente público territorial dos aparecidos na Galicia do século XIX, cando os devanditos montes levaban xa varios séculos de funcionamento. Os montes veciñais en común, montes veciñais ou montes comunais son os que pertencen a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas e que veñen aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños con casa aberta e con fume. Réxense por unha lexislación específica. Son unha maneira de copropiedade germánica, cunha regulación específica, que prevé que os montes veciñais son bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables, dada a súa especial natureza colectiva. A titularidade corresponde ao conxunto de veciños con residencia habitual na demarcación, polo que a comunidade titular do monte é variable, segundo cheguen a morar novos veciños ou as casas existentes pechen ou queden abandonadas. Non é, por tanto, propiedade dun particular, xa que se perde ou gana segundo se sexa veciño ou non. Ademais a titularidade é colectiva, copropiedade dos residentes do lugar.

MONTE 2924

Nome CAMOS
Parroquia CAMOS
Lugar TODOS
Comunidade CAMOS
Data 28/01/1983

máis info

MONTE 2925

Nome CHANDEBRITO
Parroquia CHANDEBRITO
Lugar TODOS
Comunidade CHANDEBRITO
Data 28/01/1983

máis info

MONTE 2929

Nome AS ROZADAS
Parroquia CHANDEBRITO
Lugar TODOS
Comunidade CHANDEBRITO
Data 22/02/2006

máis info

MONTE 2926

Nome PANXÓN
Parroquia PANXÓN
Lugar TODOS
Comunidade MONTEFERRO-PANXÓN
Data 28/01/1983

máis info

MONTE 2927

Nome PARADA
Parroquia PARADA
Lugar TODOS
Comunidade PARADA
Data 28/01/1983

máis info

MONTE 2928

Nome PRIEGUE
Parroquia PRIEGUE
Lugar TODOS
Comunidade PRIEGUE
Data 28/01/1983

máis info
Nigrán Escudo

Turismo de Nigrán

Praza da Constitución s/n,
36350 Nigrán

T. 986 36 50 00 |  F. 986 38 39 31
info@nigran.org

Síguenos en:
  • Mapa web
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Ven a Nigrán
    ▼
    • Ven a Nigrán
    • Como chegar
    • Onde comer
      ▼
      • Banquetes
      • Bocaterías
      • Cocina Internacional e Vexetarianos
      • Restaurantes
      • Taperías e Xamonerías
      • Italiano/Pizzería
    • Onde durmir
  • Visita Nigrán
    ▼
    • Visita Nigrán
    • Patrimonio
      ▼
      • Patrimonio Cultural
      • Patrimonio Natural
  • Vive Nigrán
    ▼
    • Vive Nigrán
    • Plans
    • Festas patronais e tradicionais
    • Rutas
  • Información de interese
    ▼
    • Teléfonos de interese
      ▼
      • Educación
      • Centros Culturais e Asociacións Veciñais
      • Edificios/Servizos Municipais
      • Instalacións e Clubes deportivos
      • Saúde
      • Transportes
      • Outros Servizos
    • Igrexas
    • Zonas comerciais
    • Descarga de folletos e planos
  • Axenda
  • Contacto
  • glGL
    ▼
    • esES
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Leer más
Click to listen highlighted text!