Concello de Nigran logo Turismo
  • Ven a Nigrán
    • Ven a Nigrán
    • Como chegar
    • Onde comer
      • Banquetes
      • Bocaterías
      • Cocina Internacional e Vexetarianos
      • Restaurantes
      • Taperías e Xamonerías
      • Italiano/Pizzería
    • Onde durmir
  • Visita Nigrán
    • Visita Nigrán
    • Patrimonio
      • Patrimonio Cultural
      • Patrimonio Natural
  • Vive Nigrán
    • Vive Nigrán
    • Plans
    • Festas patronais e tradicionais
    • Rutas
  • Información de interese
    • Teléfonos de interese
      • Educación
      • Centros Culturais e Asociacións Veciñais
      • Edificios/Servizos Municipais
      • Instalacións e Clubes deportivos
      • Saúde
      • Transportes
      • Outros Servizos
    • Igrexas
    • Zonas comerciais
    • Descarga de folletos e planos
  • Axenda
  • Contacto
  •  glGL
    •  esES

ENIL – Ecosistema Dunar Praia América-Panxón

Nigrán > Turismo > Visita Nigrán > Patrimonio Natural > ENIL – Ecosistema Dunar Praia América-Panxón

Galicia posúe 1700km de costa cuns 700 areais, un deles é o ecosistema dunar Praia América- Panxón, situado entre dous montes de gran beleza, Monteferro e Montelourido e dividido en dúas pola desembocadura do río Muiños.

As dunas que hoxe vemos nas zonas costeiras son o efecto de miles de anos de erosión, movemento e deposición de sedimentos. fórmanse paralelo á costa e son grandes acumulacións de area de orixe eólica, que é depositada na praia principalmente pola ondada e con axuda do vento é desprazada ata a duna. As dunas intercambian area coa praia constantemente.

Por tanto son creadas polo efecto do mar e do do vento, pero con todo son preservadas grazas a plantas específicas que permiten a acumulación de area e á súa vez darlle libre movemento cando sopran os ventos predominantes.

Desta maneira as dunas cumpren un papel fundamental no ecosistema litoral, a dinámica costeira e a protección contra a erosión da costa. Á súa vez son o hábitat de numerosos invertebrados e aves mariñas.

Tipos de dunas

Dunas embrionarias.
Fórmanse encima da pleamar. Aquí aproveitando a materia orgánica procedente das algas que se depositan, crecen as primeiras plantas herbaceas cun ciclo de vida curto e que desaparecen facilmente pola acción do mar. as plantas máis representativas son Elymus farctus e Cakile marítima.

Dunas brancas ou móbiles.
Trátase do seguinte cordon dunar. Son grandes montículos de area móbiles. Aquí a vexetación está constituída por plantas vivaces e gramíneas con longos rizomas e estolones que lles permiten estabilizarse e suxeitarse neste terreo tan inestable. Ten que soportar unha alta salinidade e moito vento. A planta máis representativa é a gramínea Ammophila arenaria, pero tamén crecen outras como Eryngium maritimun, Calystegia sodanella, Pancratium maritimun, Medicago mariña ou Euphorbia paralias.

Duna gris ou semifija.
Trátase do terceiro cordón dunar, aquí o vento diminúe coa consecuente estabilización do substrato e a acumulación de materia orgánica. Aínda así son chans pobres que empezan a formarse e que sofren a influencia do vento e a salinidade. Aparecen novas especies como Crucianella marítima ou Carex arenaria.

 

Plan de Conservación

O ecosistema dunar de Nigrán sufriu durante décadas o efecto do desenvolvemento urbano e turístico, que afectou e modificou as condicións de equilibrio da zona. Alterouse a dinámica sedimentaria costeira debido á construción de infraestruturas como o espigón do porto e o paseo de Panxón ou á extracción de area para a construción.

Co fin de paliar esta situación, o Plan de Conservación do Ecosistema Dunar Praia América- Panxón contemplou a restauración, protección e conservación dos seus dous hábitats, os dunares e os estuarios, así como das poboacións de flora e fauna, como o chorlitejo patinegro; o aumento da súa superficie ata o seu máximo potencial; favorecer a súa madurez, complexidade estrutural e biodiversidade; e diminuír a frecuencia humana e a accesibilidade ao sistema.

O texto establece o réxime de usos e actividades permitidas, ademais das limitacións necesarias para a conservación do ecosistema dunar, de titularidade pública, tanto no ámbito público, como no da investigación, formación, educación, sensibilización social e desenvolvemento sustentable.

Entre as medidas de conservación dunar figura a prohibición de actuacións que provoquen a destrución do hábitat dunar e das especies incluídas no Catálogo Rexional e Nacional de especies ameazadas da flora e fauna, como a extracción de area, a vertedura de cascallos e materiais de refugallo ou a retirada dos postos de salvamento da vexetación das dunas. No caso da fauna do complexo dunar, dada a vulnerabilidade do chorlitejo patinegro, unha das especies máis emblemáticas dos areais, contémplase a protección das zonas de cría e o incremento do seu éxito reprodutivo.

O espazo conta con un sendeiro interpretativo autoguiado no que se informa da importancia deste ecosistema así como da necesidade de coidalo.

 

Nigrán Escudo

Turismo de Nigrán

Praza da Constitución s/n,
36350 Nigrán

T. 986 36 50 00 |  F. 986 38 39 31
info@nigran.org

Síguenos en:
  • Mapa web
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Ven a Nigrán
    ▼
    • Ven a Nigrán
    • Como chegar
    • Onde comer
      ▼
      • Banquetes
      • Bocaterías
      • Cocina Internacional e Vexetarianos
      • Restaurantes
      • Taperías e Xamonerías
      • Italiano/Pizzería
    • Onde durmir
  • Visita Nigrán
    ▼
    • Visita Nigrán
    • Patrimonio
      ▼
      • Patrimonio Cultural
      • Patrimonio Natural
  • Vive Nigrán
    ▼
    • Vive Nigrán
    • Plans
    • Festas patronais e tradicionais
    • Rutas
  • Información de interese
    ▼
    • Teléfonos de interese
      ▼
      • Educación
      • Centros Culturais e Asociacións Veciñais
      • Edificios/Servizos Municipais
      • Instalacións e Clubes deportivos
      • Saúde
      • Transportes
      • Outros Servizos
    • Igrexas
    • Zonas comerciais
    • Descarga de folletos e planos
  • Axenda
  • Contacto
  • glGL
    ▼
    • esES
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Leer más
Click to listen highlighted text!