Pazo de Pías ou Casa de Arias

Período histórico Idade Moderna
Cronoloxía s. XVII
Restriccions de acceso O acceso ao interior da propiedade non ten limitacións en canto se respecten as normas de comportamento básico. A visita ás dependencias interiores está condicionada aos requirimentos dos habitantes do edificio.

Descrición

Ten a súa orixe no s. XVII, vinculado á figura de D. Plácido Correa. Nesta casa viviu e faleceu o dirixente carlista José Arias Teixeiro y Correa (1799-1867). Tras a 1ª guerra carlista exiliouse en Francia onde realizou unha brillante carreira científica. De regreso ao Val Miñor dedicouse a convencer aos campesiños das bondades alimenticias da pataca. Do edificio destaca a súa fachada principal coa porta alintelada e decorada con molduras, pilastras e columnas con friso esculpido e brasóns dos Correa. Unha interesante particularidade é a posición interior da escalinata de acceso ao piso superior, pois o habitual é que se atope no exterior, e un gran hórreo de pedra de dúas plantas.

ler máis ler menos