Outeiro dos Mouros

Período histórico Idade Media
Cronoloxía : s. XII-XV
Restriccions de acceso Ningunha

Accesos

O más fácil é acceder desde a estrada Nigrán-Vincios, á altura do cruce da Areíña, (a uns 6 km. do centro de Nigrán). Neste punto, seguiremos as indicacións de “Miradoiro Monte Castelo”.

Cando superemos o viaduto sobre a autopista continuaremos sen desviarnos, sempre pola pista principal de terra, uns 900 m. ata chegar a área recreativa. Estamos ao pé do Outeiro dos Mouros.

Descrición

Sobre este escarpado promontorio granítico alzouse o castelo de Santa Helena, unha das fortalezas que se atopaban dentro dos límites da antiga Terra de Turonio. As primeiras referencias escritas desta fortaleza datan de 1106, aínda que o seu momento de apoxeo viviuno durante o s. XIV en tempos de Sueiro Iañez de Parada, “Adiantado Maior de Galicia” e figura política e militar de primeira orde durante as contendas entre Pedro I “El cruel” e Enrique de Trastámara. O señor de Parada tamén está relacionado co pazo do mesmo nome. Non se sabe con exactitude ata cando durou a fortaleza, pero probablemente foi derrubada antes de finais do s. XV.

ler máis ler menos

Recomendacións

Recomendamos a visita en días despexados para poder gozar desta fermosa panorámica do conxunto do Val Miñor.