Igrexa de Parada

Período histórico Idade Media (Arte románico)
Cronoloxía s. XIII
Restriccions de acceso A visita ao interior do templo está condicionada polas necesidades propias dunha instalación relixiosa.

Descrición

É a única mostra de arte románica que se conserva no Concello de Nigrán e unha das poucas de todo o Val Miñor. Dunha soa nave, terminada nunha ábsida semicircular, e cun brazo lateral, presenta remodelacións posteriores, tanto na fachada coma no interior. Afortunadamente aínda conserva unha boa mostra da súa arquitectura primitiva, tanto no interior coma no exterior, sobre todo na súa fachada norte, na que destaca a súa portada de arcos abucinados decorados e lixeiramente apuntados, unha xanela tamén abucinada, así como unha variada mostra de canzorros.

ler máis ler menos