Capela e cruceiro de San Campio

Período histórico Idade Contemporánea
Cronoloxía s.XIX
Restriccions de acceso A visita ao seu interior está condicionada ás necesidades propias dunha instalación relixiosa.

Descrición

O conxunto monumental de San Campio (capela e cruceiro) sufriu diversos traslados ao longo dos anos, desde a súa posición orixinal na Ramallosa. En 1865 tivo que trasladarse pola construción da estrada que conducía a Vigo e en 1925 volveu trasladarse, á súa posición actual, con motivo da construción do tranvía. A capela é unha sobria construción de estilo neoclásico dunha soa nave, que conserva no seu interior un magnífico retablo con reminiscencias barrocas. O cruceiro é unha fermosa obra, tamén de aspecto neoclásico, que garda grandes similitudes formais con outro cruceiro, situado na parroquia de Figueiró (Tomiño), obra do mestre canteiro portugués Juan Antonio Ramallosa.

ler máis ler menos