Pino&Pino

Data de inicio 12/06/2021
Data de fin 28/03/2024

DESCARGAR DOSSIER

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE SÁBADO O CONCERTO DE ‘PINO&PINO’ NO AUDITORIO MUNICIPAL

O dúo de guitarras e canto presenta ‘Guitarras y voces de España y Latinoamérica’. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido

Nigrán, 10/06/21.- O Concello de Nigrán ofrece este sábado 12 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do dúo de guitarras e canto ‘Pino&Pino’, que presentará o espectáculo ‘Guitarras y voces de España y Latinoamérica’. A entrada é de balde ata completar o aforo, limitado ao autorizado polas autoridades sanitarias. Na web municipal, www.nigran.org, no apartado ‘Próximos Eventos’, pódese descargar un dossier sobre a traxectoria e C.V. deste dúo.

Andrés Pino e Andrés Pino Llul realizan a súa primeira aparición en público en 1997, cando o segundo era aínda un neno de sete anos, e gravan o seu primeiro disco de canto e guitarra no ano 2000. Integraron diversas formacións de guitarra clásica (entre elas o trío Latitude Sur) e deron concertos en gran parte de España e diversos países de América e Europa. Profundos coñecedores das cancións e da música para guitarra de España e Latinoamérica, especialízanse nestes dous xéneros e presentan un programa baseado nas composicións dalgúns dos máis importantes autores tanto españois como iberoamericanos. No seu extenso repertorio inclúen, ademais das cancións, pezas instrumentais de cada un dos países latinoamericanos, desde México ata Arxentina, e tamén algunhas propias.

Xunto á guitarra moderna presentan nos seus concertos un instrumento que podemos chamar Guitarra Barroca Americana ou Charango. Ten cinco cordas dobres, igual que a guitarra dos séculos XVII e XVIII e un tamaño moi parecido. Con este instrumento interpretan música actual e tamén obras do barroco español, por cuxa achega recibiron críticas moi favorables de público e de importantes personalidades do mundo musical en diferentes países, como Francia, Bélxica, Italia, Alemaña, Bolivia, Chile ou Arxentina.

En xaneiro de 2015 gravan o seu CD “Soñar e nada máis”, o cal presentaron xa en España, Francia e algúns países de Hispanoamérica.

WordPress › Erro

Houbo un erro crítico na túa web.

Aprende máis sobre o diagnóstico de WordPress.

Click to listen highlighted text!