O Salón de Actos municipal acollerá o vindeiro sábado 22 de febreiro ás 18.30 horas a obra de teatro infantil “Estos extraños cachorros de mi papá”, unha peza de teatro ambulante ao estilo antigo coa firma de Tito Spaghetto, a cargo de Dreamwalkman Producións. As persoas interesadas en acudir poden reservar a súa entrada, que terá un custo de 3 euros por compra anticipada, chamando ao teléfono 610 432 835, ou adquirila o mesmo día en despacho de billetes por cinco euros.