Telf.: 681 15 03 06 atenciontemprana.nigran@centrojuanmaria.org Camiño do Labrego, 10 ( O Ceán) - Nigrán
Que é a Atención Temperá?
Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
A quen se dirixe?
Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastorno do desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e á contorna empadroados no Concello de Nigrán.
Quen pode informar dunha sospeita de trastorno de desenvolvemento nun neno?
As propias familias, as escolas infantís, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia.
No caso de que a sospeita sexa fora da familia, debe informarse á mesma para que acudan ao servizo de pediatría.
A onde debo dirixirme para obter máis información?
Ao servizo de pediatría que derivará no caso de que considere a Unidade de AT.
Aos servizos sociais do concello de Nigrán.
Aos servizos de orientación dos centros educativos nos que esté matriculado o neno ou nena.
Ao servizo de atención temperá do Concello de Nigrán.