Servizos Sociais
A través dos servizos sociais municipais garántese a atención das necesidades sociais de toda a poboación do Concello, previndo a desigualdade dos nosos veciños e veciñas. A través deles favorecemos a participación, o libre desenvolvemento das persoas e grupos sociais, fomentando do desenvolvemento en comunidade.
Información e Asesoramiento
Desde o departamento de servizos sociais do Concello ofrécese información e asesoramento de todas as áreas relacionadas. Unhas veces tramitando directamente o recurso e outras orientando e derivando a un recurso externo por tratarse en grao sumo adecuado para a persoa demandante.
Departamento de Servizos Sociais
Lugar: Concello de Nigrán (planta baixa)
Horario telefónico: Luns a venres de 08:00-14:00 hh
Atención con cita previa: Martes e xoves de 08:00-14:00 h
Teléfono: 986365000
E-mail: sociales@nigran.org
