Saúdo do alcalde
Este é un portal institucional sobre o noso municipio e, como tal, pretendemos que sirva como unha xanela aberta ao mundo para todos aqueles visitantes que desexen conocernos un pouco máis a fondo. Pero ademáis, esta web ten o obxectivo tamén fundamental de servir de instrumento útil para os veciños de Nigrán, de xeito que dende ela podan realizar trámites, consultar datos, novas ou trasladar as súas queixas e suxerencias.
Entendemos as tecnoloxías da información como unha canle para facilitar a vida ás persoas, polo que comprometémonos a implementar e mellorar esta plataforma co fin de ir ampliando cada vez máis as posibilidades de arranxar asuntos de xeito virtual. O goberno de Nigrán naceu con tres compromisos fundamentais: transparencia, participación e diálogo, tres eixos que deben artellar este portal ao que agora estás accedendo.
Buscamos un modelo de municipio amigable, onde os cidadáns teñan máis posibilidades para participar nos asuntos públicos e nas decisión que dende a corporación se toman porque só así entendemos a política, como un xeito de gobernar para todos e non para a maioría. Por todo elo, esperamos recibir tamén a través deste medio tódalas vosas queixas, suxerencias, preguntas…
Entre todos, teremos un Nigrán ben xestionado.
Juan. A González
juan.gonzalez@nigran.org
Alcalde de Nigrán