Cremos nunha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade para todos e non cesaremos no noso empeño de lograr que así sexa mediante tódalas medidas que estean ao alcance do consistorio.

O Concello goberna para todos os veciños do municipio, non para a maioría, por iso é fundamental o contacto permanente e constante coas entidades e asociacións que poidan trasladarnos as queixas, demandas ou suxestións dos seus integrantes. Traballaremos xuntos para lograr un Nigrán ben xestionado e impulsaremos o comercio local mediante políticas que axuden ao consumo no municipio ou o emprendemento.

Alfonso Vázquez Pérez
Concelleiro de Sanidad, Relacións Vecinais e Comercio