Ruta polo Río Muiños

A Asociación Cultural As Angustias organiza, en colaboración co Concello de Nigrán, unha saída de sendeirismo pola ruta do Río Muiños para o vindeiro domingo 19 de xaneiro, con saída ás 10.00 horas desde o Torreiro de Festas das Angustias. Ao finalizar a camiñada, a asociación ofrecerá aos participantes unha comida por 14 euros por persoa, que inclúe sopa, cocido, bebida e postre.