ROTEIROS DE VERÁN

O CONCELLO DE NIGRÁN INICIA ESTE MÉRCORES AS SÚAS ANDAINAS DE VERÁN CUN ROTEIRO POR MONTEFERRO

Ao longo de Xullo e Agosto desenvolveranse roteiros pola península de Monteferro, Camiño Portugués Oficial e variante litoral e un adicado á ‘Praia dos Afogados’ de Domingo Villar. Non é necesario inscrición previa.

Nigrán, 04/07/22.- O Concello de Nigrán inicia este mércores 6 de xullo as súas andainas da programación de verán cun roteiro por Monteferro que partirá ás 20:00 horas desde a Praia da Madorra e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Este mesmo repetirase o 3 de agosto e, coma os demais que se desenvolvan, comezarán ás 20:00 horas non sendo preciso preciso inscrición previa e sendo de balde. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga.

Os seguinte roteiro será o do Camiño Portugués na súa variante polo litoral (13 de Xullo e 1 de Agosto, saída da Ponte da Ramallosa), Camiño Portugués Oficial (20 de Xullo e 24 de Agosto, saída da Ponte da Ramallosa) e ‘A praia dos Afogados’ baseada no libro de Domingo Villar (27 de Xullo e 31 de Agosto, saída da Praia da Madorra).