Recuperación Márxes Río Muiños
Acondicionamento integral do río Muíños-Nigrán
A obra conta cun orzamento basee de licitación de 671.176,57€
Este proxecto pretende devolver ao río o seu equilibrio natural, alterado nos últimos anos pola construción de Porto do Molle que provocou importantes cambios na hidrología que afectaron o ecosistema.
As obras previstas comprenden 300.000 metros cadrados nos máis de 2 quilómetros de curso medio en Porto do Molle, contemplando desde a revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioinxeñería novas á creación de espazos de bosque natural ou a instalación de bandas de protección nas marxes e creación de pendentes naturais.
Un proxecto que culminará con zonas de lecer e deportivas que permitirán a construción dun circuíto para bicicletas, randeeiras para os máis pequenos con tirolesa incluída, unha pista de skate e pista de atletismo de 450 metros de lonxitude e as rúas integradas na natureza.
