Premios Federación Galega de Birlo Celta 2014

O C.C.D. Birlos dá Carrasca acolleu a entrega de Premios da Federación Galega de Birlo Celta, na que os clubs da comarca do Val Miñor resultaron os grandes protagonistas en practicamente todas as categorías.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, a concelleira de Deportes de Gondomar, Natalia Salgueiro, e a súa homóloga en Baiona, María Jesús Martíns, e o Xefe de Servizos de Deportes da Xunta de Galicia en Vigo, Daniel Benavides, foron as autoridades responsables de entregar os premios.