Pilates e deportes tradicionais para o fin de semana

O Concello de Nigrán centra a programación de lecer para este fin de semana en actividades deportivas. Mañá sábado ás 21.00 horas en Campo dás Redes unha nova sesión de pilates con Baila Pilates, dirixida a todos os públicos.

Ademais, a cancha do Centro Cultural de Camos A Camoesa acollerá o fin de semana o Torneo Nacional de Bolo Celta e o sábado o Centro Recreativo e Cultural O Torreiro, en Priegue, celebrará o Torneo Social de Petanca, durante todo o día.