OT ORTEGA TRAVÉ: ‘I CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES’

O CONCELLO DE NIGRÁN CONTINÚA ESTE SÁBADO CO PIANISTA CATALÁN OT ORTEGA TRAVÉ ‘I CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES’

Con tan só 14 anos, o mozo nacido en Berga (Barcelona), está considerado un auténtico prodixio nacional

Tocará pezas de Haydin, Prokofiev, Beethoven e Chopin

Nigrán 19/02/22.- O Concello de Nigrán ofrece este sábado 23 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do pianista catalán Ot Ortega Travé, encadrado no ‘I Cliclo Novos Intérpretes’ lanzado o pasado decembro desde o consistorio. A entrada é de balde ata completarse o aforo. Considerado un prodixio de só 14 anos, o músico tocará temas de Haydn, Prokofiev, Beethoven e Chopin.