ORIENTA NIGRÁN

DESCARGAR DOSSIER INFORMATIVO

AFORO XA COMPLETO!!!!

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE O DOMINGO 30 DE MAIO NA CONTORNA DE MONTECASTELO UNHA PROBA DE ORIENTACIÓN
E AVE
NTURA DIRIXIDA A TODO TIPO DE PÚBLICO

A actividade de equipo (de entre 2 e 5 persoas) combina orientación con mapa e probas físicas ou de coñecemento, establecéndose dúas categorías e unha idade mínima de 6 anos

A inscrición é de balde e está aberta do 18 ao 25 de maio ás 14:00 horas ou ata acadar o máximo de 150 participantes a través do mail turismo@nigran.org . Toda a información polo miudo está pendurada da web municipal

O Concello de Nigrán, coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada, ofrece o domingo 30 de maio na contorna de Monte Castelo a súa primeira proba de orientación e aventura dirixida a todo tipo de público co obxectivo de por en valor a zona e dala a coñecer mediante unha actividade innovadora segura, saudable, participativa e de carácter familiar.

Baixo estas premisas, a empresa galega Territorio Comanche deseñou para o Concello expresamente esta actividade que se desenvolverá na área de Montecastelo (Parada). Os interesados en participar, en equipos de entre 2 e 5 participantes e cunha idade mínima de 6 anos, poden inscribirse de balde do 18 ao 25 de maio ás 14:00 horas (ou ata acadar o máximo de 150 participantes) a través do mail turismo@nigran.org, sendo recomendable ler previamente as bases na portada da web www.nigran.es.

A actividade terá lugar desde as 10:30 horas da mañá do domingo 30. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, por terreo de bosque, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media e os equipos deberán acadar o maior número de puntos posibles decidindo libremente a orde de busca e o ritmo a seguir (andando ou correndo), non sendo obrigatorio o paso por todos eles, polo que a condición física ou idade non é o relevante, o importante é o factor estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo.

Como xa se mencionou, os equipos deberán estar formados por un mínimo de 2 integrantes até un máximo de 5, e se establecerán dúas categorías: XOVENES CASTORES (onde a lo menos, haxa unha persoa menor de 12 anos) e EXPLORERS (todos maiores de 12 anos e obrigatorio polo menos un maior de idade). Todos os participantes recibirán o material necesario para a realización da proba, contarán con seguro de responsabilidade civil e de accidentes e se lles entregará avituallamento. Os tres primeiros clasificados de cadansúa categoría recibirán diferentes premios, entre eles, una bautismo de surf, unha invitación a un brunch ou unha inscrición gratuíta para algunha das actividades de Territorio Comanche.