O tres colexios de Nigrán terán conserxe nas próximas semanas

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, avanza que os tres centros escolares do municipio sen conserxe contarán con un no prazo máximo dun mes. Así llo confirmou na mañá de hoxe a Consellería de Traballo e Benestar Social, tras as novas xestións realizadas polo alcalde hoxe, que contaron coa intermediación da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch.

Tal e como se explicou ás directoras do tres centros escolares afectados, o goberno municipal levaba semanas realizando xestións coa Xunta de Galicia para resolver a necesidade de persoal deste tres centros, “unha situación inadmisible, na que tomamos cartas desde o primeiro momento e que hoxe podemos afirmar que está resolta”, engade Valverde.

O alcalde xa deu trasladado desta boa noticia ás directoras dos colexios afectados, ás que reitera todo o seu apoio polos prexuízos que esta conxuntura ocasiona ao seu funcionamento diario, “tanto ao colectivo docente como aos pais e alumnos do tres centros”, puntualiza.

O goberno municipal agradece as xestións realizadas pola Xunta de Galicia, especialmente á súa delegada en Vigo, María José Bravo Bosch, e á consellería de Traballo e Benestar Social, “que dá resposta a unha petición realizada desde o goberno municipal e que permitirá que os nosos centros escolares teñan os servizos que alumnos, pais e profesores merecen”, conclúe.