A obra do actor vigués Tito Spaghetto chegará a Nigrán este sábado ás 18.30 horas, un espectáculo para toda a familia que conxuga arte e acción social, coa que se recadarán cueiros para as familias con menos recursos do concello. A obra, con moito humor, está inspirada no espectáculo madrileño “La catarsis del tomate”, pero en lugar de lanzar tomates ao escenario, o público arroxará cueiros.
Así mesmo, habilitarase un punto de recollida de cueiros que se doarán ao departamento de Servizos Sociais. O prezo da entrada é de 3 euros anticipada –no teléfono 610 432 835- e cinco euros en despacho de billetes, pero aquelas persoas que entreguen cueiros o día da representación terán un desconto de dous euros no prezo final da entrada.