O Salón de Actos Municipal acollerá unha exposición de fofuchas

O Salón de Actos Municipal acollerá a próxima semana unha exposición de fofuchas, a cargo de Ita do Campo, que permanecerá aberta entre os días 27 de abril e 3 de maio, en horario de 18.00 a 20.00 horas. A mostra estará composta por máis de 40 creacións artesanais destas simpáticas bonecas e bonecos representando diversas escenas da vida cotiá.

As fofuchas e fofuchos son fermosos bonecos elaborados 100% a man cunha técnica innovadora coñecida como foamy 3D, a cal permite dar renda solta á imaxinación e crear verdadeiras obras de arte coloridas con incribles detalles que se converten nun agasallo único e especial.