Dúas semanas despois de iniciarse o período de exposición pública do PXOM os técnicos municipais han recibido xa a máis de 165 veciños con dúbidas ou consultas sobre o documento. Así o constata o rexistro do departamento de Urbanismo, no que non están contempladas as consultas expostas aos técnicos da empresa redactora, que do mesmo xeito que os técnicos municipais están a atender aos veciños no Salón de Plenos municipal, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, atendendo á orde de chegada dos mesmos.
O rexedor municipal reitera a importancia do período no que se atopa a tramitación do Plan. “O período de alegacións, que estará aberto até o próximo 3 de setembro, é fundamental para a definitiva configuración do Plan”. Neste sentido, lembra que desde hoxe se habilitou un soporte Web específico para o PXOM, co obxectivo de achegar o documento aos veciños e de facilitar a presentación de alegacións ao mesmo.