O guitarrista israelí Gilad Hekselman actuará no VII Festival Nigrán Jazz

O Estuario da Foz da Ramallosa acollerá mañá a partir das 21.00 horas o VII Festival Nigrán Jazz, que na presente edición contará coas actuacións de Iago Fernández Quinteto e o guitarrista de orixe israleí Gilad Hekselman, un dos guitarristas de jazz máis recoñecidos no panorama internacional, que tocará co gurú do contrabaixo Paco Charlín e o baterista portugues Ze Marrucho, a partir das 22.30 horas.

O quinteto de Iago Fernández, probablemente o músico de jazz galego máis solicitado no ámbito nacional e internacional, abrirá o festivala as 21.00 horas. Ao finalizar os concertos, ao redor das 00.30 horas, o Penjamo Sunbar, na praia de Patos, acollerá unha Jam Session con Javier “GDJAZZ” Pereiro Quartet.