O goberno municipal acordou na sesión plenaria celebrada onte solicitar á Xunta de Galicia a desafectación da antiga escola infantil de Priegue, co obxectivo de habilitar ditas instalacións para as asociacións veciñais e culturais da parroquia.
Esta iniciativa proposta polo goberno municipal “dotará aos centros culturais e asociacións veciñais de Priegue dun novo espazo onde desenvolver as súas actividades culturais e de lecer ao longo de todo o ano”, explicou o rexedor municipal, Alberto Valverde.