O goberno municipal retira o parque biosaludable de Praia América para a súa reparación integral

O goberno municipal procedeu hoxe á retirada do parque biosaludable de Praia América, moi deteriorado polo paso do tempo e o seu uso, para a súa reparación integral e posta a punto. Os elementos serán reinstalados no mesmo punto do paseo de Praia América, nun prazo aproximado de 10 días.

“Unha actuación que ten como obxectivo mellorar unhas instalacións moi demandadas polos veciños, especialmente polo colectivo de maiores, e pór en valor un espazo de esparexemento nun dos enclaves do municipio con maior afluencia de xente durante todo o ano”, sinala o alcalde, Alberto Valverde.