O goberno municipal retira o centro de transformación situado na Avda. Castelao, tras o colexio Humberto Juanes, despois de case unha década, coa intención de habilitar este espazo como un novo acceso ao centro escolar.
Neste sentido, o alcalde avanza que xa se iniciaron os trámites para obter a autorización, tanto por parte do centro escolar como da consellería de Educación, “unha medida que permitirá aliviar o acceso a este colexio, e os problemas de seguridade e circulación que se producen cada mañá na contorna do centro escolar”, engade Valverde.