O goberno municipal planta novos árbores no paseo de Panxón e Praia América

O goberno municipal planta novos árbores no paseo, máis concretamente, na contorna de Campo das Redes e Praia América, en substitución dos anteriores, que non acababan de adaptarse á súa contorna. Trátase do metrosidero, unha especie apta para a climatoloxía local, que florece no verán, habitualmente empregada como árbore de rúa e resistente a contornas marítimas, que embelece un dos maiores atractivos do municipio.

Así mesmo, procedeuse ao arranxo dos arcorques, que ocupaban un espazo excesivo, unha medida coa que o goberno local dá un cambio de face a unha das infraestruturas con maior afluencia de xente, tanto locais como visitantes. Unha nova e mellorada imaxe que se estende tamén á contorna de Panxón, coa plantación de palmeiras realizada a principios do presente mandato.