O goberno municipal mellora o torreiro de festas de Chandebrito e a contorna da igrexa

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Promoción empresarial, Comercio e Emprego, Rosa Rodríguez, visitan as obras de acondicionamento da contorna do torreiro de festas de Chandebrito e a igrexa da parroquia, “unha actuación realizada en colaboración coa Comunidade de Montes de Chandebrito”, apunta o rexedor.

“Esta actuación, acometida con recursos e persoal municipal, mellora de forma considerable un espazo fundamental para a actividade cultural da parroquia así como para o desenvolvemento e consolidación das relacións entre os veciños de Chandebrito”, explica o rexedor municipal.

Así mesmo, Valverde adianta que o goberno municipal prevé acometer outras actuacións de acondicionamento de diversas pistas forestais en Chandebrito, accións que tamén se realizarán en estreita colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia.