O goberno municipal inicia as obras do Camiño de Poutón

O goberno municipal inicia as obras do Camiño de Poutón, unha actuación valorada en 21.700 euros e financiada con parte dos fondos procedentes das expropiacións de Porto do Molle, o antigo almacén municipal e da AG-57. As obras resolverán un problema histórico deste camiño da parroquia de San Pedro, “fundamentalmente afectado por un problema de augas pluviais e pola precariedade do firme”, puntualiza o rexedor.

A actuación, que comezou hoxe e ten un período de execución máximo estimado dun mes, consistirá na instalación dunha rede de pluviais, actuación que será asumida por persoal municipal, e a pavimentación parcial do firme do camiño, “que se subcontratará ante a falta de medios internos para asumir a obra de forma interna”, observa Valverde.