O goberno municipal inicia a licitación da senda peonil entre a Praza da Carrasca e o parque empresarial

O goberno municipal inicia a licitación dunha senda peonil que conectará a praza da Carrasca, en Parada, co parque empresarial Porto do Molle. A actuación, valorada en 100.000 euros, será financiada polo goberno municipal cos fondos procedentes do aproveitamento do chan do parque empresarial Porto do Molle, tal e como xa avanzou o goberno municipal o pasado ano.

O proxecto, elaborado pola enxeñeira municipal, contempla a habilitación dun itinerario peonil sobre a Rúa dá Carrasca cunha lonxitude de 600 metros, así como a repavimentación da calzada, ampliándose en determinados tramos até o seis metros de ancho, garantindo así en todo o trazado do viario un mínimo de tres metros de ancho por cada sentido de circulación.

A actuación incorpora tamén unha mellora da rede de pluviais, substituíndo o actual sistema por unha nova canalización, que permitirá a correcta evacuación das augas procedentes da choiva.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, subliña a importancia desta actuación, que mellorará a comunicación entre a parroquia de Parada e o parque empresarial, garantindo unha maior seguridade viaria da Rúa da Carrasca, á vez que dota dunha nova infraestrutura aos peóns, coa habilitación dunha nova senda peonil.