O goberno municipal e a comunidade de montes de Chandebrito acondicionan o campo de fútbol da parroquia

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde,e a concelleira de Promoción empresarial, Comercio e Empleo, Rosa Rodríguez, xunto co presidente e outros membros da comunidade de montes de Chandebrito visitan as obras de acondicionamento do campo de fútbol de Chandebrito. Tanto o concello como a comunidade de montes están procedendo á mellora dun terreno de xoego que este propio fin de semana xa será utilizado por un equipo local da parroquia, ao tempo que se acometerán melloras en peches e perímetro.