O goberno municipal aprobou unha modificación de crédito por valor de 75.000 euros para actuacións de saneamento

O goberno municipal aprobou na sesión plenaria celebrada onte unha modificación de crédito por valor de 74.858,10 euros para acometer dúas novas actuacións de saneamento na Rúa Piñeiro e o Camiño da Dehesa, na parroquia de Nigrán.

Ambas as actuacións enmárcanse dentro do convenio de colaboración plurianual asinado coa Xunta de Galicia para completar e mellorar a rede de saneamento do municipio, cuxa investimento total ascende a 1 millón de euros.

“A modificación de crédito aprobada onte, sumada aos 25.000 euros xa existentes no orzamento prorrogado, completan a contía necesaria para cumprir o establecido no convenio plurianual subscrito coa administración autonómica”, explica o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde.

O rexedor subliña a capacidade de xestión do equipo de goberno, que a pesar de estar a traballar co orzamento de 2013 foi capaz de manter o compromiso adquirido coa Xunta de Galicia. “Incumprir o establecido no convenio podería deixar a Nigrán sen un investimento dun millón de euros para mellorar e completar a súa infraestrutura hidráulica”, lembra.