O goberno municipal acondicona dúas pistas rurais en Chandebrito en colaboración coa Comunidade de Montes

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Promoción empresarial, Comercio e Emprego, Rosa Rodríguez, e Víctor Otero, en representación da Comunidade de Montes de Chandebrito, visitaron o acondicionamento de dúas pistas rurais na parroquia, as de As Laxes e a Igrexa, unha actuación executada polo goberno municipal en colaboración coa Comunidade de Montes.