O Goberno de Nigrán inicia as obras de saneamento nas rúas Salgueiral e Regueiro, na parroquia de Camos

Realizadas pola empresa nigranense Espacio Cúbico, estarán concluídas e xa en funcionamento no mes de febreiro. O Concello continúa así cumprindo coa súa parte do convenio asinado coa Xunta de Galicia en 2013 e anulado unilateralmente polo ente autonómico.