O Consello da Xunta de Galicia aproba o financiamento total, por máis de 828.000 euros, da ampliación da rede de abastecemento en Camos

O Consello da Xunta de Galicia aprobou na súa reunión de hoxe o total financiamento da obra de ampliación da rede de abastecemento na parroquia de Camos no concello pontevedrés de Nigrán, que levará a cabo o organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia. Esta actuación suporá un investimento de máis de 828.000 euros e ten un prazo de execución de seis meses.

Con este tipo de obras, o Goberno galego apoia os concellos que teñen un presuposto insuficiente para financiar as actuacións necesarias para garantir o abastecemento.

No caso do concello de Nigrán, nas parroquias de Camos, Parada e outros núcleos carecen de rede abastecemento, con traídas particulares e áreas con abastecemento a partir de manantiais. O proxecto que financiará Augas de Galicia pretende ampliar a rede existente mediante unha nova canalización ao longo da estrada PO-332, o que permitirá conectar as redes secundarias.

As obras autorizadas hoxe polo Consello da Xunta permitirán, ademais, conectar ao parque empresarial coa rede de saneamento.

Para realizar a mellora da rede de abastecemento en Camos instalarase unha condución de impulsión, conectada á rede xeral da Estación de Tratamento de Augas Potable (ETAP) de Nigrán, mediante unha arqueta de formigón, que chegará a ta dito núcleo. A lonxitude total será de algo máis de 3 quilómetros, e irá colocada no marxe da estrada xa mencionada. Sinalar que a gabia será entubada para evitar afeccións á estrada, cunha sobre escavación de 0,200 metros a ambos lados e cun recubrimento dun metro, ademais de outros elementos necesarios para rematar a actuación.

Cabe destaca que se prevén sete futuras conexións secundarias, que quedarán instaladas cun tubo e os seus respectivos pozos. A poboación beneficiada será de case 7.500 habitantes-equivalentes no ano horizonte de 2036.

Pola súa parte, o Concello presentou a solicitude de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas e o informe de intervención do Concello no que se recolle a súa situación técnico-financeira e onde se xustifica a necesidade que a obra sexa financiada polo Executivo autonómico.

A colaboración técnico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia con entidades locais en materia de obras hidráulico-sanitarias correspóndelle á Administración Hidráulica de Galicia (Lei 9/2010 de augas de Galicia) e regulábase polo Decreto 84/1997, do 10 de abril, derrogado actualmente polo Decreto 59/2013 do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010 do 4 de novembro de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas, e no que se establece a regulación urxente do procedemento de colaboración.

Ata o momento, debido á escasa capacidade financeira dos Concellos galegos e ao importante presuposto deste tipo de obras, a Administración Hidráulica de Galicia financiou ao 100% a meirande parte delas, excluíndose, unicamente, ás executadas nos grandes núcleos urbanos, ás que se facía fronte mediante Convenios entre os Concellos destes núcleos e a Administración Hidráulica de Galicia.

Parada tamén terá abastecemento de auga
Esta actuación súmase a outra contemplada polo goberno municipal, tamén financiada por Augas de Galicia, como a execución do abastecemento de auga á parroquia de Parada, que conta cunha inversión de 580.000 euros correspondentes á anualidade da entidade autonómica polo convenio plurianual asinado có concello de Nigrán en novembro de 2013.

Con estas dous actuacións, o goberno de Valverde consegue levar o saneamiento a Camos e Parada nun só mandato. Neste sentido, o rexedor destaca o esforzo realizado no presente mandato, ao consignar máis de 3 millóns de euros a completar e mellorar a rede de abastecemento e saneamiento do municipio, con fondos procedentes de administración local, provincial a autonómica.