O Concello informa á FEGAMP da idoneidade da Residencia de Tempo Libre de Patos para acoller a refuxiados sirios

O Concello de Nigrán informou esta semana mediante escrito á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) da idoneidade da Residencia de Tempo Libre de Patos-Panxón, dependente da Consellería de Benestar da Xunta de Galicia, para acoller a refuxiados sirios.