O Concello de Nigrán recupera a antiga escola infantil do `torreiro` de Priegue como centro social

O consistorio cumpre así as demandas das entidades sociais e veciñais desta parroquia para que poidan dispoñer dun local acondicionado. O proxecto, cun investimento de máis de 73.000 euros, tamén contempla unha área recreativa infantil, a distribución de novos espazos de xogos e a colocación de mobiliario urbano