O Concello de Nigrán prepárase para celebrar hoxe o desfile de Entroido nocturno no centro do municipio

Na comitiva participan dez comparsas, que percorrerán a rúa principal da localidade para rematar a festa na praza do consistorio. DJ Kokito e Pablo Chichas amenizarán a xornada, na que o grupo Alféizar será o encargado de pór o broche final