O Concello de Nigrán pon en marcha o primeiro programa de actividades socioculturais dirixido á xuventude

Consta de seis obradoiros de carácter gratuíto nos que poderán participar ata 120 mozas e mozos da localidade de 14 a 30 anos. Desenvolveranse os venres e sábados, do 15 de abril ao 20 de maio, no edificio da Oficina Municipal de Información Xuvenil. As inscricións deben realizarse a través dun formulario web (que atoparedes na noticia en pdf), achegando unha copia do DNI.