O Concello de Nigrán inicia a contratación das obras de acondicionamento da rúa Reverendo Pérez Alonso

As empresas teñen un prazo de 26 días para presentar as súas ofertas dende a publicación no BOP do 17 de marzo do prego de condicións. As actuacións suporán un investimento de máis de 141.000 euros e permitirán urbanizar un vial que une o centro do municipio co Ceán