O CONCELLO DE NIGRÁN INAUGURA ESTA TARDE NO AUDITORIO MUNICIPAL UNHA EXPOSICIÓN SOBRE OS 50 ANOS DO COLEXIO DE PANXÓN

O CONCELLO DE NIGRÁN INAUGURA ESTA TARDE NO AUDITORIO MUNICIPAL UNHA EXPOSICIÓN SOBRE OS 50 ANOS DO COLEXIO
DE PANXÓN

ex-alumno Enrique Fernández recompilou para a mostra máis de 200 imaxes, desde a inauguración do internado e colexio e ata 1986

Nigrán, 23.01.26.- O Concello de Nigrán inaugura esta tarde ás 18:00 horas no Auditorio Municipal unha exposición sobre o Colexio de Panxón e internado titulada ‘Crónicas de una transición escolar’, elaborada polo ex-alumno da primeira promoción Enrique Fernández Álvareznatural de Nigrán e residente en Canarias. A inauguración coincide co día exacto no que hai 50 anos botou a andar oficialmente esta institución dependente orixinariamente do Instituto Social de la Marina e que acollía alumnado externo da zona e orfos de toda Galicia. No acto tamén será presentado o libro co mesmo título.

Enrique Fernández reuníu para esta ocasión máis de 200 imaxes procedentes, entre outros, do arquivo de Jesús Aramburu (primeiro director do centro) e do Apostolado do Mar. A mostra arranca cunha orla da primeira promoción de alumnos, inclúe planos do arquitecto Antonio Palacios (quen o deseñou como parte do complexo do Templo Votivo do Mar) e difentes fotografías da vida no centro ata mediados dos anos 80. A mostra estará aberta ata o día 4 de marzo (todas as mañás de luns a venres e as fins de semana que haxa actos no Auditorio).