O Concello de Nigrán firma a concesión da cafetería das instalacións Dunas de Gaifar ao propietario do Marina Cíes

A empresa adxudicataria prevé abrir ao público en Semana Santa baixo o nome Marina Panxón seguindo a mesma filosofía do local de Samil. O novo canon de explotación, fixado nuns 25.000 euros, supón un 30% máis de ingresos ás arcas públicas respecto ao anterior contrato