O Concello de Nigrán elabora un Plan de Conservación do Ecosistema Dunar Praia América-Panxón para que se declare definitivamente como ENIL

Os 35.000 metros cadrados que ocupa este espazo contan con esta consideración provisional dende xullo de 2014. Entre as medidas do documento inclúese o réxime de usos e actividades permitidas e limitadas para a recuperación e preservación dos areais