O Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra definen as actuacións no Carreiro Azul, para as que se destinarán máis de 13.000 euros, o dobre do previsto

Técnicos do organismo provincial visitaron hoxe o municipio para detectar as necesidades deste espazo entre Lourido e Panxón. O proxecto pretende recuperar o entorno próximo a Monte Lourido, onde se sitúa unha antiga fonte e un reloxio solar. Outro obxectivo da intervención é recuperar a memoria das antigas “casetas de Ramiro” coa instalación de paneis informativos